Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2017

A AUGA DOS RÍOS COMO OBXECTO DE CULTO E PURIFICACIÓN NAS DISTINTAS RELIXIÓNS

Imagen
Dende o Departamento de Relixión realizaremos un proxecto audiovisual. Obxectivos : Descubrir os elementos do feito relixioso e as súas distintas manifestacións na historia e na vida dos pobos, que responden as súas grandes preguntas sobre a existencia.  Interpretar o significado da auga como signo e símbolo purificador nos rituais das distintas relixións. Potenciar o uso oral do galego  TICs. Utilizacion e tratamento de sofware e programas.  Utilización da técnica do chroma key

DECÁLOGO DOS USOS DA AUGA

Imagen
Realización dun decálo para un uso axeitado da auga en distinzos ezpazos (colexio, concello, casa e na contorna) Obxectivos :  Coñecer os usos racionais da auga. Fomentar un emprego responsable dos recursos naturais. Destinatarios: alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria Responsables : Titores de 5º e 6º de Educación Primaria Temporalización: 2º trimestre

MAR de VIDA: DECORACIÓN DE NADAL

Imagen
Dende primeiros de decembro temos decorado o comedor cos traballos que fixeron os nenos, nenas e familias do CPI Virxe da Cela. Neste vídeo podedes ver o resultado final así como cada un dos traballos: MOITAS GRAZAS A TODOS POLA VOSA CONTRIBUCIÓN¡¡¡ Decoración de Nadal do comedor. Entre toda a comunidade educativa: familias, alumnado, profesorado e persoal non docente queremos crear un mar sobre as nosas cabezas. Para conseguilo enviamos unha circular ás familias dando as indicacións precisas. Primamos na confección destes traballos o uso de materias reciclados e de refugallo e evitamos mercar adornos xa feitos ou materiais específicos. Obxectivos:  • Expresarse con creatividade, utilizando as diversas ferramentas e técnicas plásticas e visuais, relacionándoas con outras linguaxes e aplicando nas súas creacións as tecnoloxías da información e da comunicación mais axeitadas.  • Utilizar a linguaxe plástica para expresarse, contribuíndo á comunicación, reflexió

GALICIA: LITERATURA E AUGA

Imagen
O xornal “La voz de Galicia” covoca un concurso de fotografía para escolares , no que se lles pide a súa visión fotográfica sobre pasaxes estelares ou momentos cume das grandes obras da literatura galega na que estea presente a auga. En concreto, preténdese conseguir unha visión fotográfica que contribúa a concienciar sobre o coidado do medio ambiente e da auga como recurso natural escaso. A nosa proposta consiste en levar esta actividade a aula integrada nas programacións de Lingua Galega e Educación Plástica.  Obxectivos:  -Expresarse con creatividade, utilizando as diversas ferramentas e técnicas plásticas e visuais.  -Utilizar os recursos informáticos, as tecnoloxías da información e a comunicación no campo da fotografía.  -Establecer unha actitude positiva ante os novos retos, admitindo os erros e valorando os acertos como parte do proceso de formación do individuo.  Destinatarios: Alumnado de 5º e 6º de EP e todo o alumnado da ESO  Responsables: Delfina

A MEMORIA DOS PEIXES

Imagen
Proxecto para desenvolver un pequeno traballo de investigación mediante o seguimento do método científico. Neste caso contrastaremos a idea preconcibida da memoria dos peixes. Uso da biblioteca para a busca da información para documentar o traballo.  Obxectivos:  -Mantemento dun acuario  -Facer un pequeno ensaio seguindo o método científico  Destinatarios:  Toda a ESO alumnado do club de ciencia  Responsables:  Departamento de Bioloxía: David Casado Bravo  Temporalización: 2º e 3º trimestre

ONDE NACEN OS RÍOS

Imagen
Proxecto para valorar a importancia ecolóxica dos pequenos cursos de auga da comarca, moitas veces pegados ás vivendas, o cal facilita que o alumnado poida estudar e apadriñar estes espazos. O alumnado participante buscaría próximo a súa vivenda un curso de auga sobre o que realizará a valoración do estado. A prolongación do estudo ao longo de varios anos permitiría ter unha rede de estudo, seguimento e evolución destes ecosistemas. Uso da biblioteca para a busca da información para documentar o traballo.  Obxectivos:  -Localizar nun mapa topográfico os regatos e manantiais da comarca.  -Valorar e concienciar da importancia ecolóxica dos pequenos cursos de auga  -Crear unha rede de seguimento do estado ambiental dos cursos fluviais da zona, pudendo valorar a súa evolución ao longo do tempo.  -Realizar sinxelos análises físico- químicos da auga, recollendo e analizando os datos obtidos.  -Facer un inventario de especies dos cursos fluviais valorando o grao de conser

ELABORACIÓN DE ACUARIOS REPRODUCINDO ECOSISTEMAS DA ZONA

Imagen
Realizarase o establecemento de diversos ecosistemas acuáticos no centro, tanto usando acuarios para establecer un ecosistema de auga doce e outro salgada, como na contorna do centro para establecer unha charca. Para este traballo usarán diversos libros da biblioteca, en especial aqueles sobre acuarios e guías de especies  Obxectivos:  -Coñecer os principais ecosistemas acuáticos da nosa contorna  -Valorar e coñecer a importancia da biodiversidade dos ecosistemas acuáticas.  -Desenvolver técnicas de análise e control dos parámetros do biotopo dun ecosistema acuático. Destinatarios: Alumnado de 4º da ESO de bioloxía e xeoloxía.  Responsables: Departamento de Bioloxía: David Casado Bravo  Temporalización: 2º e 3º trimestre

IMPACTOS AMBIENTAIS NA AUGA

Imagen
O alumnado de 1º de ESO realizará un traballo en formato blogue de investigación sobre diversos impactos do ser humano sobre a auga. Para dito traballo recompilaran información da biblioteca, tanto de libros existentes como de internet.  Obxectivos:  - Manexo das TIC elaborando un blogue  -Busca de información en diferentes medios  -Concienciar da importancia da auga de calidade como un recurso non renovable  -Coñecer os principais impactos da actividade humana sobre a auga  Destinatarios: Alumnado de 1º da ESO  Responsables: Departamento de Bioloxía: David Casado Bravo  Temporalización:1º trimestre

A NOSA PEGADA HÍDRICA

Imagen
A idea é coñecer o feito de que a auga é un elemento esencial para a vida humana, e que a súa necesidade para nos, vai moito mais alá da auga que consumimos directamente. A partir de ahí, podemos analizar o consumo de auga que se fai nas diferentes actividades industriais, para tomar conciencia do alto consumo de auga que implica o noso ritmo de vida. Finalmente, tentaremos comparar esa chamada “pegada hídrica” entre os países desenvolvidos e os países subdesenvolvidos Para procurar a información empregaremos as distintas paxinas web que falan sobre o tema, e para expoñer os resultados construímos un “poster dixital” que colgaremos na web do centro  Obxectivos:   - Coñecer os variados conceptos que se refiren ao consumo de auga, e por tanto os diferentes tipos de consumo  -Analizar o grado de consumo de auga que precisan as diferentes actividades que nos rodean  -Investigar na rede   -Traballar con programas dixitais para expoñer resultados de aprendizaxe  Destin

ANÁLISE DUN ENCORO: O ENCORO DO EUME

Imagen
A idea é coñecer e analizar o proceso de construción dun embalse, coas súas consecuencias. De cara a facelo mais atractivo proponse como modelo o Encoro do Eume, moi coñecido polo alumnado ao atoparse precisamente nos seus límites xeográficos. O proxecto consiste en coñecer a historia da construción de dito encoro, os datos e características que o definen, e as consecuencias que unha construción desta índole ten sobre o espazo xeográfico; neste senso, analizaranse tanto os aspectos positivos (o aproveitamento do encoro) e os negativos. A investigación basearase nas diferentes páxinas web que versen sobre o tema, e das que deberán extraer información variada (datos concretos, fotografías, explicación sobre o funcionamento dunha central...) O resultado do proxecto farase sobre paneis informativos, a modo de exposición nas paredes do centro  Obxectivos:  -Coñecer o proceso de construción dun encoro, así como os seus resultados  -Investigar na rede acerca de aspectos próxim

A AUGA E A CIVILIZACIÓN

Imagen
A idea é coñecer a importancia que tivo a disponibilidade de auga para o nacemento das primeiras grandes civilizacións históricas arredor dos grandes ríos. Viaxando no tempo, analizamos como na actualidade segue presente esa relación entre a disponibilidade de auga e os grandes asentamento de poboación. Finalmente, trataremos de descubrir a orixe e procedencia da auga que consumimos nas nosas vilas Para procurar a información empregaremos diferentes atlas históricos que poidan estar dispoñibles na biblioteca, asi como as distintas paxinas web que falan sobre o tema. Os resultados poden ser expostos mediante un “esquema dixital”, que colgaremos na web do centro, ou que unha vez impreso poida ser exposto fisicamente no centro  Obxectivos:   -Coñecer a importancia que tivo a existencia de auga doce para o nacemento primeiras civilizacións históricas  -Relacionar como os grandes núcleos de poboación actuais aséntanse xeralmente en lugares con abundancia de auga dispoñible I

MEDICIÓN DE DATOS METEREOLÓXICOS. CAMBIOS DE UNIDADES

Imagen
OBXECTIVOS  1. Coñecer o proceso da toma de datos para estudar e identificar as características do clima dun lugar concreto. 2. Identificar os instrumentos que se utilizan na toma de datos, coñecer o seu funcionamento básico e ler a información que proporcionan. 3. Adoptar os hábitos de traballo regulares necesarios para recoller datos meteorolóxicos. 4. Adquirir autonomía para autoxestionar un proxecto ao longo do curso. 5. Manexar e interpretar adecuadamente os datos meteorolóxicos básicos: temperatura, precipitacións, presión atmosférica e humidade ambiental. 6. Relacionar os datos obtidos coas características xenerais do clima da Comunidade de Galicia. 7. Identificar as variantes do clima de Monfero en temperatura e precipitacións e explicar as súas causas. 8. Identificar os fenómenos meteorolóxicos que se produzan e relacionalos coas súas causas. 9. Relacionar o clima de Monfero coa vexetación. 10. Elaborar climogramas cos datos obtidos. ACTIVIDADES  1.Explicáras

CULTURA POPULAR ARREDOR DA AUGA

Imagen
Os alumnos preguntarán no seu entorno (pais, avós, veciños, coñecidos...) e anotarán refráns, ditos e cancións populares relacionadas co recurso da auga. Na aula farase unha recompilación e explicación dos mesmos, clasificaranse segundo o uso da auga, a que se refiren... Confeccionarase, ao final, un libro ou calendario.  Obxectivos:  - Descubrir o papel básico da auga  - Coñecer a cultura popular arredor da auga.  Destinatarios: 2º Ed. Primaria  Responsables: Marisol Vidal  Temporización: 2º e 3º trimestre

AUGA: CINE CON VALORES

Imagen
Visionado da película “Auga”(2005) da directora india Deepa Mehta, que amosa a vida das viuvas indias nun “ashram” en Vanarasi (India) Visionado da película "También la lluvia" de Iciar Bollaín. Visionado do documental "Aral, el mar perdido", de Isabel Coixet Obxectivos :  -Reflexionar e debater sobre valores( igualdade, libertade, xustiza, dignidade) e contravalores (inxustiza, discriminación, crueldade, desprezo, etc).  -Facer un achegamento a outra cultura e outra relixión e descubrir a importancia do río Ganges no desenvolvemento da cultura india e a relixión hindú. -Concienciarse sobre a problemática da auga en diferentes lugares do planeta -Valorar a importancia da auga no desenvolvemento dunha comunidade e investigar sobre os factores da inxusta distribución desta fonte de riqueza Destinatarios : Alumnado de  2º  e  4º ESO de Valores Éticos  Responsables : Verónica Dopico (profesora Valores Éticos) e Yolanda Castr

O UNIVERSO DA AUGA NAS CULTURAS GREGA E ROMANA

Imagen
Descrición: Investigar a presenza do elemento “auga” nas civilizacións grega e romana. Obxectivos : -Valorar a importancia da auga no desenvolvemento das civilizacións grega e romana (o mar Mediterráneo, a navegación, a física da auga, arquitectura e enxeñería vinculada á auga, etc.) -Descubrir elementos xeográficos (mares, arquipélagos, illas, ríos, penínsulas) a través do estudo das civilizacións grega e romana. -Facer un achegamento á mitoloxía clásica a través dos deuses e divinidades “acuáticas” (Poseidón ou Neptuno, Tetis, Nereidas, Tritón) Destinatarios: Alumnado de 3º de ESO de Cultura Clásica Responsables: Verónica Dopico (profesora Cultura Clásica) Temporización: 2º e 3º trimestres   La colonia de ampurias from satelite1 El mediterraneo en el mundo antiguo from satelite1

A AUGA COMO INSPIRACIÓN MUSICAL

Imagen
-Investigar a utilización do elemento “auga” como motivo de inspiración de obras musicais. -Facer un listado de obras musicais que utilicen a auga como motivo de inspiración. -Tomar varios exemplos da historia da música (por exemplo, “Música acuática” de Haendel) e analizar os recursos que utilizaron os autores para representar a auga de maneira musical. Obxectivos :  -Establecer relacións entre a linguaxe musical, a linguaxe escrita, a linguaxe poética e outras linguaxes. -Realizar un percorrido pola historia da música Destinatarios : Alumnado de 4º da ESO Responsables : Departamento de Música Temporización : Todo o curso OBRADOIRO "EXPERIMENTOS MUSICAIS CON AUGA". Mércores 21 de marzo de 2018 Alumnado de música de 4º da ESO imparte o obradoiro "Experimentos musicais con auga" ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria. Actividade enmarcada dentro da Semana da Ciencia. OBRADOIRO "AGUA ES". Xoves 22 de marzo de 2018 Alumnado

FONTES MILAGREIRAS

Imagen
Investigarase sobre fontes ás que se lle atribúen propiedades especiais a súa auga. Obxectivos : •Investigar e coñecer tradicións populares da nosa cultura. •Coñecer a importancia da auga para a saúde das persoas e a súa relación con costumes e tradicións relixiosas, como por exemplo as romarías. Destinatarios : Alumnado de relixión católica de 5ª e 6ª de E P. Responsables : Profesorado de relixión Temporización : 2ª trimestre

PROXECTO SOBRE O MAR

Imagen
Estamos levando un proxecto relacionado coa auga, o mar, peixes, etc.. Durante o mesmo faremos distintas actividades, como poden ser experimentos, manualidades, pequenas investigacións, búsquedas guiadas a través de internet, favorecendo a colaboración familia-escola e empregando todos os elementos presentes na biblioteca como fonte de información. Así mesmo, faremos unha visita ó acuario de A Coruña e empregaremos a temática da auga en festas conmemorativas como pode ser o entroido, día do medio ambiente, etc…  Obxectivos :  -Ampliar o coñecemento do alumnado con respecto ao medio mariño  -Valorar a importancia da auga para o home  -Favorecer actitudes positivas cara o consumo de auga.  Destinatarios:  Os destinatarios serán os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de educación infantil  Responsables:  As titoras de educación infantil  Temporización:  Durante todo o curso escolar 2017/2018 O LIBRO VIAXEIRO DE LINDA . Fin de semana coa nosa mascota mariña (unha ba

MULLERES E AUGA

Imagen
Muller traballadora Polo día internacional da muller traballadora no noso centro elaboramos un mural titulado: Mar de mulleres, mar de esperanza. A aula de 1º EP participamos presentando a figura de SÉS, unha cantareira galega (como ela mesma se denomina) e ás deportistas Ana Peleteiro e Inés Santiago. Ademais participamos do Photocall planteado dende o Departamento de orientación poñéndolle cara a Maruja Mallo con manto de algas. Día de Rosalía O alumnado de 1º EP elaborou os seguintes debuxos para conmemorar o Día de Rosalía a partires do poema A Rosalía de Manuel Curros Enríquez. Neles podemos ver a Rosalía camiñando pola orela do mar como dicía Curros: Do mar pola orela mireina pasar, na frente unha estrela, no bico un cantar. E vina tan sola na noite sin fin, ¡que inda recei pola probe da tola eu, que non teño quen rece por min! A musa dos pobos que vin pasar eu, comesta dos lobos, comesta se veu… Os ósos son dela que vade

REUTILIZACIÓN E APROVEITAMENTO DA AUGA NA VIVENDA

Imagen
Os alumnos e alumnas investigarán sobre as diferentes posibilidades de reutilización de auga (tanto sanitaria como de chuvia).Plasmarán nun documento as distintas opcións atopadas. Obxectivos: • Indicar os máis representativos, 2 ou 3 son suficientes. • Concienciación da importancia da auga no presente e no futuro. • Coñecer instalacións básicas para lograr ese aproveitamento. Destinatarios: 4º de ESO Responsables: Dep. Tecnoloxía. Manuel Sánchez Temporización: Terceiro trimestre