MEDICIÓN DE DATOS METEREOLÓXICOS. CAMBIOS DE UNIDADES
OBXECTIVOS 1. Coñecer o proceso da toma de datos para estudar e identificar as características do clima dun lugar concreto. 2. Identificar os instrumentos que se utilizan na toma de datos, coñecer o seu funcionamento básico e ler a información que proporcionan. 3. Adoptar os hábitos de traballo regulares necesarios para recoller datos meteorolóxicos. 4. Adquirir autonomía para autoxestionar un proxecto ao longo do curso. 5. Manexar e interpretar adecuadamente os datos meteorolóxicos básicos: temperatura, precipitacións, presión atmosférica e humidade ambiental. 6. Relacionar os datos obtidos coas características xenerais do clima da Comunidade de Galicia. 7. Identificar as variantes do clima de Monfero en temperatura e precipitacións e explicar as súas causas. 8. Identificar os fenómenos meteorolóxicos que se produzan e relacionalos coas súas causas. 9. Relacionar o clima de Monfero coa vexetación. 10. Elaborar climogramas cos datos obtidos. ACTIVIDADES 1.E...