MAR de VIDA: DECORACIÓN DE NADAL
Dende primeiros de decembro temos decorado o comedor cos traballos que fixeron os nenos, nenas e familias do CPI Virxe da Cela. Neste vídeo podedes ver o resultado final así como cada un dos traballos: MOITAS GRAZAS A TODOS POLA VOSA CONTRIBUCIÓN¡¡¡ Decoración de Nadal do comedor. Entre toda a comunidade educativa: familias, alumnado, profesorado e persoal non docente queremos crear un mar sobre as nosas cabezas. Para conseguilo enviamos unha circular ás familias dando as indicacións precisas. Primamos na confección destes traballos o uso de materias reciclados e de refugallo e evitamos mercar adornos xa feitos ou materiais específicos. Obxectivos: • Expresarse con creatividade, utilizando as diversas ferramentas e técnicas plásticas e visuais, relacionándoas con outras linguaxes e aplicando nas súas creacións as tecnoloxías da información e da comunicación mais axeitadas. • Utilizar a linguaxe plástica para expresarse, contribuíndo á comunicación,...