MEDICIÓN DE DATOS METEREOLÓXICOS. CAMBIOS DE UNIDADES



OBXECTIVOS 
1. Coñecer o proceso da toma de datos para estudar e identificar as características do clima dun lugar concreto.
2. Identificar os instrumentos que se utilizan na toma de datos, coñecer o seu funcionamento básico e ler a información que proporcionan.
3. Adoptar os hábitos de traballo regulares necesarios para recoller datos meteorolóxicos.
4. Adquirir autonomía para autoxestionar un proxecto ao longo do curso.
5. Manexar e interpretar adecuadamente os datos meteorolóxicos básicos: temperatura, precipitacións, presión atmosférica e humidade ambiental.
6. Relacionar os datos obtidos coas características xenerais do clima da Comunidade de Galicia.
7. Identificar as variantes do clima de Monfero en temperatura e precipitacións e explicar as súas causas.
8. Identificar os fenómenos meteorolóxicos que se produzan e relacionalos coas súas causas.
9. Relacionar o clima de Monfero coa vexetación.
10. Elaborar climogramas cos datos obtidos.

ACTIVIDADES 
1.Explicárase aos alumnos en que consiste o proxecto e os traballos que realizarán, se lles explicará onde está situada a estación meteorolóxica, os instrumentos de medición que teñen e para que serven. Tamén se explicará en detalle o proceso de recollida de datos: qué instrumentos úsanse, como se len e como se recollen os datos. Despois organízanse en grupos de 2-3 alumnos para la recollida de datos, elaborárase un calendario de recollida de datos cos turnos correspondentes.
 2.Elaborárase un climograma cos datos obtidos durante o proxecto no CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, no que se reflectiran as temperaturas e as precipitacións. O compararemos co outro climograma elaborado cos datos recollidos noutro lugar de Galicia. ¿Son diferentes as temperaturas? ¿E as precipitacións? Explicar as causas das diferencias.
 3.Unha vez analizados os datos de ambos climogramas, compararemos a vexetación de cada zona. ¿Correspóndese cas características da temperatura e precipitación? Explica a que se deben as diferencias.
 4.Indica as causas que explican por qué a Comunidade de Galicia ten ese clima e non outro.
 5.Anota durante 15 días a situación atmosférica de Monfero. Despois comproba a presión atmosférica de cada un deses días. ¿Hai algunha relación entre os cambios de temperatura e a presión? Explícaa.
 6.Cos datos do mes de xaneiro e o mes de abril completa a seguinte táboa e responde as preguntas: 
    a) ¿En qué días observouse maior humidade ambiental? ¿Cales foron os días máis secos?
    b) ¿Hai relación entre a humidade ambiental e as precipitacións? ¿E ca temperatura?
7.Expresade a vosa opinión sobre se este ano os pareceu chuvioso ou seco. Despois comparade os datos de precipitacións que obtivemos no CPI cos de outra estación meteorolóxica de Galicia (usa a web: http://www.meteogalicia.gal/observacion/rede/redeIndex.action)

PAXINA WEB USADA: http://japt.es/globe/GLOBEACTIVIDADES/activiatmos.htm  

Comentarios

Entradas populares de este blog

ELABORACIÓN DE ACUARIOS REPRODUCINDO ECOSISTEMAS DA ZONA

UN DÍA NO ACARIUM FINISTERRAE

MULLERES E AUGA