Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como relixión

FONTES MILAGREIRAS. PROXECTO SOMOS AUGA

Imagen
Este curso desde a materia de relixión, tomando como referencia o proxecto deste ano do noso cole que se titula “Somos Auga”, realizamos unha investigación sobre as Fontes Milagreiras que se atopan na nosa contorna. A nosa investigación levounos a recoñecer tradicións populares da nosa cultura, a coñecer a importancia da auga para a saúde das persoas e a súa relación coas costumes e tradicións relixiosas, como por exemplo as romarías aos santuarios de augas milagreiras. Tamén fomos, coa nosa profe Begoña, visitar a Fonte de Aranga  que é a que temos máis preto do noso cole. Que fresquiña e rica estaba a auga!!!. Alí gravamos un pequeno documental onde vos falamos da lenda desta fonte e das súas propiedades milagreiras. Esperamos que vos guste. Aquí deixámosvos os vídeos do noso traballo.

A AUGA DOS RÍOS COMO OBXECTO DE CULTO E PURIFICACIÓN NAS DISTINTAS RELIXIÓNS

Imagen
Dende o Departamento de Relixión realizaremos un proxecto audiovisual. Obxectivos : Descubrir os elementos do feito relixioso e as súas distintas manifestacións na historia e na vida dos pobos, que responden as súas grandes preguntas sobre a existencia.  Interpretar o significado da auga como signo e símbolo purificador nos rituais das distintas relixións. Potenciar o uso oral do galego  TICs. Utilizacion e tratamento de sofware e programas.  Utilización da técnica do chroma key

AUGA: CINE CON VALORES

Imagen
Visionado da película “Auga”(2005) da directora india Deepa Mehta, que amosa a vida das viuvas indias nun “ashram” en Vanarasi (India) Visionado da película "También la lluvia" de Iciar Bollaín. Visionado do documental "Aral, el mar perdido", de Isabel Coixet Obxectivos :  -Reflexionar e debater sobre valores( igualdade, libertade, xustiza, dignidade) e contravalores (inxustiza, discriminación, crueldade, desprezo, etc).  -Facer un achegamento a outra cultura e outra relixión e descubrir a importancia do río Ganges no desenvolvemento da cultura india e a relixión hindú. -Concienciarse sobre a problemática da auga en diferentes lugares do planeta -Valorar a importancia da auga no desenvolvemento dunha comunidade e investigar sobre os factores da inxusta distribución desta fonte de riqueza Destinatarios : Alumnado de  2º  e  4º ESO de Valores Éticos  Responsables : Verónica Dopico (profesora Valores Éticos) e Yola...

FONTES MILAGREIRAS

Imagen
Investigarase sobre fontes ás que se lle atribúen propiedades especiais a súa auga. Obxectivos : •Investigar e coñecer tradicións populares da nosa cultura. •Coñecer a importancia da auga para a saúde das persoas e a súa relación con costumes e tradicións relixiosas, como por exemplo as romarías. Destinatarios : Alumnado de relixión católica de 5ª e 6ª de E P. Responsables : Profesorado de relixión Temporización : 2ª trimestre