MULLERES E AUGA

Muller traballadora

Polo día internacional da muller traballadora no noso centro elaboramos un mural titulado: Mar de mulleres, mar de esperanza. A aula de 1º EP participamos presentando a figura de SÉS, unha cantareira galega (como ela mesma se denomina) e ás deportistas Ana Peleteiro e Inés Santiago.






Ademais participamos do Photocall planteado dende o Departamento de orientación poñéndolle cara a Maruja Mallo con manto de algas.




Día de Rosalía
O alumnado de 1º EP elaborou os seguintes debuxos para conmemorar o Día de Rosalía a partires do poema A Rosalía de Manuel Curros Enríquez. Neles podemos ver a Rosalía camiñando pola orela do mar como dicía Curros:
Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…

Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!









Entroido
No Entroido e seguindo dentro do proxecto Donas de si no que estamos a coñecer a figura de Maruja Mallo o alumnado de 1º e 2º de EP representamos unha Xornada de praia con Maruja Mallo cuberta de algas e Pablo Neruda, facendo referencia á época que pasou Maruja Mallo en Chile.













Proxecto Donas de si




Dentro do proxecta Donas de si, o alumnado de 1º EP vai estudar a vida e obra de diferentes mulleres (pintoras, escritoras, deportistas…). Aproveitaremos este traballo para relacionalo coa auga, coa importancia dun uso adecuado ou co respecto aos ecosistemas mariños. Así, analizaremos a relación destas mulleres coa auga como pode ser a influencia do mar na obra de Maruja Mallo ou os poemas nos que Rosalía ten tan presente a auga. Empregaremos a biblioteca como fonte de documentación.
Obxectivos:

  • Sensibilizar sobre o emprego adecuado da auga
  • Concienciar da importancia da conservación do medio ambiente

Destinatarios:  Alumnado de 1º de EP
Responsables: Titora de 1º EP (Sonia Arnoso Rivera)

Temporización: 1º, 2º e 3º Trimestre




Comentarios

Entradas populares de este blog

ELABORACIÓN DE ACUARIOS REPRODUCINDO ECOSISTEMAS DA ZONA

UN DÍA NO ACARIUM FINISTERRAE