ANÁLISE DUN ENCORO: O ENCORO DO EUME



A idea é coñecer e analizar o proceso de construción dun embalse, coas súas consecuencias. De cara a facelo mais atractivo proponse como modelo o Encoro do Eume, moi coñecido polo alumnado ao atoparse precisamente nos seus límites xeográficos. O proxecto consiste en coñecer a historia da construción de dito encoro, os datos e características que o definen, e as consecuencias que unha construción desta índole ten sobre o espazo xeográfico; neste senso, analizaranse tanto os aspectos positivos (o aproveitamento do encoro) e os negativos. A investigación basearase nas diferentes páxinas web que versen sobre o tema, e das que deberán extraer información variada (datos concretos, fotografías, explicación sobre o funcionamento dunha central...) O resultado do proxecto farase sobre paneis informativos, a modo de exposición nas paredes do centro 

Obxectivos: 
-Coñecer o proceso de construción dun encoro, así como os seus resultados 
-Investigar na rede acerca de aspectos próximos e referidos ao seu entorno 
-Construír os medios necesarios para expoñer os resultados do seu aprendizaxe 

Destinatarios: Alumnos de 4º ESO 

Responsables: Marcos Chaves Montenegro (departamento de Ciencias Sociais) 

Temporización: 2º e 3º trimestre  

Comentarios

Entradas populares de este blog

ELABORACIÓN DE ACUARIOS REPRODUCINDO ECOSISTEMAS DA ZONA

UN DÍA NO ACARIUM FINISTERRAE

MULLERES E AUGA