A AUGA E A CIVILIZACIÓN
A idea é coñecer a importancia que tivo a disponibilidade de auga para o nacemento das primeiras grandes civilizacións históricas arredor dos grandes ríos. Viaxando no tempo, analizamos como na actualidade segue presente esa relación entre a disponibilidade de auga e os grandes asentamento de poboación. Finalmente, trataremos de descubrir a orixe e procedencia da auga que consumimos nas nosas vilas Para procurar a información empregaremos diferentes atlas históricos que poidan estar dispoñibles na biblioteca, asi como as distintas paxinas web que falan sobre o tema. Os resultados poden ser expostos mediante un “esquema dixital”, que colgaremos na web do centro, ou que unha vez impreso poida ser exposto fisicamente no centro
Obxectivos:
-Coñecer a importancia que tivo a existencia de auga doce para o nacemento primeiras civilizacións históricas
-Relacionar como os grandes núcleos de poboación actuais aséntanse xeralmente en lugares con abundancia de auga dispoñible I
-nvestigar na rede
-Traballar con programas dixitais para expoñer resultados de aprendizaxe
Destinatarios: Alumnos de 1º e 2º ESO
Responsables: Marcos Chaves Montenegro (departamento de Ciencias Sociais)
Temporización: 2º e 3º trimestre
Comentarios
Publicar un comentario