A AUGA COMO INSPIRACIÓN MUSICAL



-Investigar a utilización do elemento “auga” como motivo de inspiración de obras musicais.
-Facer un listado de obras musicais que utilicen a auga como motivo de inspiración.
-Tomar varios exemplos da historia da música (por exemplo, “Música acuática” de Haendel) e analizar os recursos que utilizaron os autores para representar a auga de maneira musical.

Obxectivos:
 -Establecer relacións entre a linguaxe musical, a linguaxe escrita, a linguaxe poética e outras linguaxes.
-Realizar un percorrido pola historia da música

Destinatarios: Alumnado de 4º da ESO

Responsables: Departamento de Música

Temporización: Todo o curso


OBRADOIRO "EXPERIMENTOS MUSICAIS CON AUGA". Mércores 21 de marzo de 2018


Alumnado de música de 4º da ESO imparte o obradoiro "Experimentos musicais con auga" ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria. Actividade enmarcada dentro da Semana da Ciencia.




OBRADOIRO "AGUA ES". Xoves 22 de marzo de 2018

Alumnado de música de 3º da ESO imparte o obradoiro "Agua es" ao alumnado de educación infantil e de 1º e 2º de educación primaria. Actividade enmarcada dentro da Semana da Ciencia.


Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPOSICIÓN SOMOS AUGA

CHOIVA de DESEXOS. DÍA da PAZ

ELABORACIÓN DE ACUARIOS REPRODUCINDO ECOSISTEMAS DA ZONA