Entradas

SEMANA DA CIENCIA

 Durante os días 21, 22 e 23 de marzo realizamos unha serie de actividades dentro da Semana da Ciencia e da Cultura. Esta é unha revista que presenta un breve resumo de todas aquelas actividades. A revista tamén a tedes en papel nas aulas e na biblioteca do cole:

UN DÍA NO ACARIUM FINISTERRAE

Imagen
Todo o alumnado de Educación Primaria visitou o Acuarium Finisterrae na Coruña. Alí tivemos a oportunidade de realizar a Actividade: Falando cos peixes. Nela puidemos falar e preguntar aos mergulladores as nosas inquedanzas mentres eles daban de comer aos peixes. O Aquarium Finisterrae, Acuario da Fin do Mundo ou Casa dos Peixes, é un dos "Museos Científicos Coruñeses". Contén, ademais do "gabinete do Capitán Nemo", mergullado na piscina máis grande de Europa, elementos de museos que propoñen experiencias como tocar estrelas de mar ou rodaballos e coñecer onde viven os lagostinos. Tres piscinas exteriores albergan ademais focas, polbos e outras especies das costas do Atlántico europeo.

LOGO SOMOS AUGA

Imagen
Nos primeiros días do mes de marzo os nenos e nenas do CPI Virxe da Cela estiveron facendo un logo ou unha imaxe que nos poidera servir par identificar este  proxecto. A participación foi de tódalas etapas educativas e así o podedes apreciar nestas imaxes: Somos auga logos de MartaNB

CHOIVA de DESEXOS. DÍA da PAZ

Imagen
  Dentro das actividades que organizamos en conmemoración do Día da Paz, tamén quixemos facer alusión ao noso proxecto e levamos a cabo un pequeno mural entre toda a comunidade educativa titulado:  Choiva de desexos. Cada alumno e alumna preparou unha pinga de auga na que debuxou e/ou escribiu o seu desexo de paz para unilo á choiva do Virxe da Cela: Esta xornada que estivemos a conmemorar baséase no principio de que todos –sen distinción de raza, ideoloxía, nacionalidade, lingua ou relixión- somos iguais, cidadáns da mesma terra e en consecuencia estamos e sentimos a chamada a ser máis humanos, a vivir a non-violencia e a traballar pola paz.

A AUGA DOS RÍOS COMO OBXECTO DE CULTO E PURIFICACIÓN NAS DISTINTAS RELIXIÓNS

Imagen
Dende o Departamento de Relixión realizaremos un proxecto audiovisual. Obxectivos : Descubrir os elementos do feito relixioso e as súas distintas manifestacións na historia e na vida dos pobos, que responden as súas grandes preguntas sobre a existencia.  Interpretar o significado da auga como signo e símbolo purificador nos rituais das distintas relixións. Potenciar o uso oral do galego  TICs. Utilizacion e tratamento de sofware e programas.  Utilización da técnica do chroma key

DECÁLOGO DOS USOS DA AUGA

Imagen
Realización dun decálo para un uso axeitado da auga en distinzos ezpazos (colexio, concello, casa e na contorna) Obxectivos :  Coñecer os usos racionais da auga. Fomentar un emprego responsable dos recursos naturais. Destinatarios: alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria Responsables : Titores de 5º e 6º de Educación Primaria Temporalización: 2º trimestre

MAR de VIDA: DECORACIÓN DE NADAL

Imagen
Dende primeiros de decembro temos decorado o comedor cos traballos que fixeron os nenos, nenas e familias do CPI Virxe da Cela. Neste vídeo podedes ver o resultado final así como cada un dos traballos: MOITAS GRAZAS A TODOS POLA VOSA CONTRIBUCIÓN¡¡¡ Decoración de Nadal do comedor. Entre toda a comunidade educativa: familias, alumnado, profesorado e persoal non docente queremos crear un mar sobre as nosas cabezas. Para conseguilo enviamos unha circular ás familias dando as indicacións precisas. Primamos na confección destes traballos o uso de materias reciclados e de refugallo e evitamos mercar adornos xa feitos ou materiais específicos. Obxectivos:  • Expresarse con creatividade, utilizando as diversas ferramentas e técnicas plásticas e visuais, relacionándoas con outras linguaxes e aplicando nas súas creacións as tecnoloxías da información e da comunicación mais axeitadas.  • Utilizar a linguaxe plástica para expresarse, contribuíndo á comunicación,...