CHOIVA de DESEXOS. DÍA da PAZ

Dentro das actividades que organizamos en conmemoración do Día da Paz, tamén quixemos facer alusión ao noso proxecto e levamos a cabo un pequeno mural entre toda a comunidade educativa titulado: Choiva de desexos. Cada alumno e alumna preparou unha pinga de auga na que debuxou e/ou escribiu o seu desexo de paz para unilo á choiva do Virxe da Cela: Esta xornada que estivemos a conmemorar baséase no principio de que todos –sen distinción de raza, ideoloxía, nacionalidade, lingua ou relixión- somos iguais, cidadáns da mesma terra e en consecuencia estamos e sentimos a chamada a ser máis humanos, a vivir a non-violencia e a traballar pola paz.